Voo 1008 de Dan-Air
O voo 1008 de Dan-Air foi un accidente de aviación dun Boeing 727-46 operado pola aeroliña Dan-Air Services Limited. O día 25 de abril de 1980 o avión, con rexistro G-BDAN, realizaba un servizo internacional non regular entre Manchester e Tenerife e estrelouse nun bosque da montaña tinerfeña La Esperanza, a 20 km do aeroporto de Los Rodeos, mentres a tripulación executaba erroneamente un patrón de espera nunha zona con terreo elevado. O avión quedou esnaquizado morrendo as 146 persoas a bordo. O voo 1008 foi o segundo accidente grave de Dan-Air en 10 anos.
Read article